BSO

Marzo 29, 2007

Acepto encantada, claro, pero coas miñas condicións. Eu porei 5 cancións coas que lembro ter fodido, non teñen por que ser grandes cancións que acompañen o acto, non son recomendacións, son as que foron.

1. Portishead * Roads

Esto era amor, un deses algo difíciles, de cando a un lle gustan os trebóns. Ainda me lembro, del , dos nosos beizos rozándose mentras nos cantabamos moi baixiño oh, can’t anybody see, we’ve got a war to fight, never found our way, regardless of what they say. Todo alento e pel.

2. And One * Metalhammer

Un clásico do clubbing gótico que ainda perdura nos nosos corazóns. Daquela eramos así, novos, promiscuos, exibicionistas. Inesquecible aquel que me erguía a saia ata a cintura para agarrarme o cú, apretaba coma ninguén. Negrura, paredes de cemento e dentes afiados, como para non poñerse a mil.

3. Underworld * Cowgirl

Un clube, un baño, volume altísimo, felicidade de mentira. Nunca máis fodín en ninguén así. Si que o lembro, el era unha besta brava e eu unha cowgirl sen botas, i want to give you everything, i want to give you energy, want to give a good thing, to give you everything.

4. Ryuichi Sakamoto * The Wuthering Heights

Como presta foder con esta canción un día deses de choiva gorda contra a uralita, pegan moi ben. E pegaba tamén moi ben con aquela mociña de pel branca, toda chea de pecas ela. As tetas máis bonitas que vin na miña vida, todas pra min, todas enteiras.

5. Julee Cruise * Falling

Enterámonos de que repoñían a serie (Twin Peaks) e tentamos vela, e a min gústame foder no sofá, que si, pero a excusa esta era moi mala. Non chegamos nunca ó primeiro descanso coa roupa posta, a culpa toda era dos seus cortinóns vermellos.

A quen lle paso esto:

a cesare

a o leo

a pawley

a ascárida

a rabudo

5 Respostas to “BSO”

  1. besbe Says:

    Tremendos recordos trae a música, se acaso a de Twin Peaks é a que máis me gusta.

    Oe, poderías mandarme un mail a nessuca no gmail.com? Estaríache agradecida. Un saúdo.

  2. La Bestia Revisited Says:

    Eu lembro especialmente ter pasado moitos bos momentos na cama co “Simple Pleasure” dos Tindersticks.Sei que non e seu mellor albume nin moito menos,pero para min ten ese punto soul cru ..”stop pretending,stop pretending..please baby now..”
    Claramente esto entronca coas cortinas de David Lynch


  3. Xa puxen as miñas. Un saúdo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: