Limpeza ou morte?

Xaneiro 31, 2007

O primeiro que fai un home despois de correrse é limparse. Entendoo se houbo sexo anal non programado, hai que hixienizarse, pero home, por un fío de seme non hai que sair voando polo papel do váter. Se a súa primeira corrida está no meu estómago, por que cre que me importa que manche o resto?.

Falando de felar

Xaneiro 25, 2007

Que é unha das cousas que máis me gusta facerlle a un home non é un segredo, nunca me deu noxo unha polla, tampouco o seme; non hai que pedirme nin que baixe nin que engula. Polo demáis, non teño habilidade especial ningunha. Non son coma a de Garganta Profunda, vaia; eu atragántome e teño o reflexo do gómito, e afogo e tuso. Tamén traballo con gusto pola periferia. Pouco, que hai moito heteroestreito.

Falar, felar

Xaneiro 24, 2007

Comer pollas é unha expresión redonda, énchese a boca toda ao decilo. Mamar non me gusta, e carallo nunca me pareceu porca abondo; de membros, falos, palitroques, estacas e esas tonterías nin oir falar. E só aos médicos lles aturo pene.

Ás carreiras

Xaneiro 24, 2007

Pedíchesme detalles das mulleres coas que me deitei, como o faciamos e todo eso, dos homes nunca quixeches saber nada. Esas cousas non se preguntan, claro.

Os mellores polvos da miña vida non son os que boto contigo, e sei que eu tampouco son a túa mellor amante. Por que ti si que falas delas ainda que eu non pregunte: o sexo anal con fulanita era bufff, menganita movíase arffff…

E non sei se será que temos medo de non ser os mellores.

Ás veces pasa

Xaneiro 23, 2007

A min tamén se me vai ás veces, por eso pregunto, escarállanme eses contos de non pasa nada. Prefiero que me pares e me digas cómema así, móvete asá, di algo que non sea nada. Porque a min tamén me pasa, cando tocas onde non debes, ou me magoas, ou preguntas de máis. Por eso sei que algo pasa, e non digas que non, ostia.

Hello world!

Xaneiro 23, 2007

Welcome to WordPress.com. This is your first post. Edit or delete it and start blogging!